No blog RAIOTECA do Ceip de Andrade vimos unha presentación titulada "LER EN FAMILIA" que fixeron para comentar e repartir ás familias nas reunións de titorías do mes de outubro. Nós tivemos unha idea semellante, pero máis modesta porque o noso dominio das tecnoloxías é un pouco limitado. Elaboramos un folleto traducindo e adaptando este decálogo que atopamos en LER TE DA MÁS, Guía para padres
A idea tamén era comentalo nas titorías e repartírllelo ás familias, pero logo pensando que podía ser moita información para unha primeira reunión, acordamos lelo e comentalo cos pais e nais e mandárllelo polo Día das Bibliotecas, por eso de non aturullar con papeis.
Por se serve para algo, aquí o colgamos para compartirlo con vós, seguro que alguén mellora a idea!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario