20 sept 2010

MANO VIVA, O BONECO DE CINCO DEDOS QUE CAMIÑA

Como xa vos anunciamos, o venres día 17 asistimos á representación de Mano Viva, " O boneco de cinco dedos que camiña", de Girovago Rondella Family, na Casa Administración de Sargadelos.
Foi unha regalía poder ir con todo o alumnado do centro a este fermoso espectáculo de "Espazos Sonoros". Un espectáculo innovador e dunha plasticidade incrible que da como resultado unha fascinante aventura baseada en acrobacias e situacións divertidas,coas que pasamos unha hora inesquecible.


1 comentario:

CACHIS TERCEIRO dijo...

Gustounos moito o espectáculo, podedes ver os nosos comentarios no blog de 3º curso: cachisterceiro.blogspot.com