Aínda estamos aterrando neste novo curso, pero xa temos propostas de actividades moi suxerentes. A primeira na que imos participar vai ser o venres 17 de setembro, ás 12:30 h. no Museo Histórico de Sargadelos, en Espazos Sonoros, que nesta nova edición segue a sintetizar a valoración do patrimonio histórico e a promoción da música.
Os artistas son GIROVAGO e RONDELLA FAMILY THEATRE, unha familia italiana que vai representar espectáculo Mano Viva: o boneco de cinco dedos que camiña.
Como nos di o folleto : " É unha obra tan axil coma o boneco/man protagonista. As pernas resultan o compoñente secreto do artefacto, dotadas de xeonllo e pé que lle permiten articularse con moitísima plasticidade. O resultado é unha fascinante aventura baseada en acrobacias e situacións divertidas."
Deixóvos o enlace á súa páxina e este vídeo para que poidades apreciar a súa orixinalidade.
GIROVAGO e RONDELLA FAMILY
No hay comentarios:
Publicar un comentario