O pasado xoves 4 de novembro celebramos o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Despois duns días moi axetreados facendo actividades arredor dos libros da colección " O club da ciencia" co señor Viramontañas como protagonista, recortando, pegando,...todo o alumnado fixo a súa cometa. Ese día pola tarde, saímos a voar as cometas ao campo e as pequenas foi doado, pero as grandes...Entre que non facía nin gota de aire e as árbores do campo...máis dunha quedou enganchada nas ramas! Pero pasámolo moi ben grandes e pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario