O mércores 10 de novembro o alumnado de 5º e 6º do colexio participamos nun obradoiro/concurso de robótica,ao que xa asistimos o ano pasado en Santiago.
Primeiro fixéronnos unha presentación onde nos mostraron as partes do robot:a memoria,os sensores,(de luz,son,ultrasóns e contacto).Tamén nos mostraron o programa de ordenador, que mediante unha linguaxe específica se lle daban ordes ó robot.
A continuación fixemos grupos de tres e catro compoñentes, cada grupo dispoñía dun ordenador e dun robot. A proba consistía en superar once probas graduadas de menor a maior dificultade: que parara nunha liña negra, que comezase a andar cunha palmada... pero logo sempre engadían cousas novas e descoñecídas que nos facían pensar moito para solucionalo.
Ao final, pese aos problemas propios da tecnoloxía, pasámolo xenial.
Esperamos que algún dos grupos que participamos levemos algún premio para o colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario