Hoxe pola mañá comunicáronnos que nos fora concedido este premio. Levounos todo o día asimilar a nova e aínda estamos abrumados!! Non nos atreviamos a encender o ordenador para comprobar si era verdade ou un soño; pero agora, xa á noite, era tempo de conectar co mundo e compartir con vós esta gran nova.
Somos unha das oito bibliotecas de Galicia que resultamos premiadas e eso énchenos de orgullo!Pertencemos á gran familia de bibliotecas que día a día e dende fai tempo, vimos traballando para achegar os libros e a lectura á comunidade educativa e para facer dela un sitio privilexiado no colexio.
Quero agradecer o apoio e axuda que nos prestades: ás nenas e nenos do cole pola súa ilusión e agradecemento, ás mestras e mestres colegas polo seu traballo e colaboración, ás familias que tan ben acollen as nosas propostas e responden cando lles pedimos axuda, ao demais persoal do cole, aos compañeiras/os do PLAMBE, ás asesoras de bibliotecas...a todos:
UN MILLÓN DE GRACIAS!
Por último, dicir que levamos un montón de anos traballando en prol da lectura, pero que este recoñecemento danos forza para seguir outros tantos, polo menos!
Ah!, en cartos supón recibir 10000 euros, non son tantos miles de millóns como dixeron algúns nenos e nenas, pero está moi, moi ben.
É un gran premio!
Unha aperta do equipo da biblioteca, incluída Puca.
15 comentarios:
PARABÉNS polo voso traballo e por este premio tan merecido.
Moitos bicos desde Vigo
Gracias pola vosa axuda e por compartir o voso traballo!!! Sempre fóstedes o noso modelo!!! Unha aperta dende Cervo, tamén de Puca para Mik!!!
Parabéns polo voso bo facer. Un recoñecemento ben merecido.
Apertas de mel dende Fene
Parabens dende Vide, e noraboa polo voso ENORME traballo.
unha apreta.
Sabela
Felicitacións dende o IES de Arzúa. Un marabilloso traballo. Disfrutade a tope do momento que ben o merecedes.
Noraboa a todas/os os que traballades na biblioteca.
Un saúdo dende Moaña
Unha aperta grande e salgada desde Muxía neste frío inverno que nos trae boas novas!
Tanto traballo e tan ben feito, ás veces, é recoñecido. E iste é o voso caso.
Parabens a toda a comunidade educativa, e unha aperta especial para María!
Noraboa polo recoñecemento! Tédelo ben merecido... E agora a celebralo e a continuar traballando... Bicos!
Un premio máis que merecido. Unha aperta para Puca e todos os seus axudant@s.
Parabéns!
Un premio máis a sumar e, coma todos, sobradamente merecido pola vosa continua entrega e compromiso coa educación.
Inés Ben
Parabéns polo premio, sobre todo a María, (espero que lle sirva para coller forzas). Grazas o seu traballo, para os meus fillos a biblioteca do cole de Cervo sempre será o seu referente do que é unha boa biblioteca
Grazas a tod@s polos comentarios!E aínda que sempre ten que haber alguén que tire do carro, no cole de Cervo sempre houbo/hai xente disposta a tirar e a traballar pola calidade do ensino, e cando digo "xente" refírome a toda a comunidade educativa.
Alégrome moito, Marga, de que os teus fillos teñan un bo recordo da biblioteca!
Forzas teremos que coller, si non non vamos poder xubilar ata os 67!!!!! Non nos queda nada!!!!
Unha aperta de María.
PARABÉNS normal que gañasedes o segundo premio co que traballades na biblioteca tedelo ben merecido. Merecedes un aplauso.De Alexis para a biblioteca do CEIP de CERVO.
Grazas Alexis, con alumnos tan vos lectores ti, é doado traballar dende a biblioteca. Alégrome moito que por fin poideses facer un comentario no blog! Unha aperta e ata loguiño!!!
Publicar un comentario