27 dic 2010

PUBLICADA NO BOE A RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE BOAS PRÁCTICAS EN BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010

No BOE do 27 de decembro saíu publicado no BOE a resolución do concurso de BOAS PRÁCTICAS en bibliotecas escolares 2010, que trouxo para Galicia oito premios. Dende aquí dámoslles a noraboa a todas as bibliotecas premiadas e as súas comunidades educativas! Son as seguintes:

Modalidade A (Centros de infantil, primiaria, educación especial e EPA):


1º Premio: CRA MESTRA CLARA TORRES, de Tui (Pontevedra)

2º Premio: CPI Tino Grandío, de Guntín (Lugo) e CEIP de Cervo, de Cervo (Lugo)

3º Premio: CEIP Os Muíños, de Muxía (A Coruña) e CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra)

Modalidade B (Centros de educación secundaria, formación profesional, ensinanzas artísticas e EOI):

 2º Premio: IES de Monterroso, de Monterroso (Lugo) e IES de Fene, de Fene (A Coruña)

3º Premio: IES Manuel Antonio, de Vigo (Pontevedra)

Podedes ler máis nestes enlaces:

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO. BOE

3 comentarios:

Belén dijo...

Parabéns!!
Unha recompensa ao traballo ben feito!
Bicos

Carolina dijo...

Moitos parabéns!!un premio que fixeron moi ben en darvolo porque o merecedes.
Moitos bicos, unha ex-alumna do CEIP de Cervo:
Carolina

PD: María debes estar moi feliz, disfrutao.

Anónimo dijo...

Desde a Biblioteca Ollos Grandes partillamos a inmensa alegria que teredes por es recoñecimento a un longo traballo.
Parabéns!!
Abrazo
Maria