Hoxe na biblioteca o alumnado de 2º e 3º ciclo recibiron a súa postal do amigo invisible que con tanto esmero prepararon ao longo da semana. Houbo emoción, sorpresas, descubríronse novos amigos/as...Algúns animáronse a lernos as cousas positivas que lles escribiran e a darlle as grazas ás amigas e amigos invisibles e todos se sentiron moi satisfeitos coa postal recibida, algunhas das cales vos mostramos na seguinte presentación.
Desexamos que estas pombas da amizade sigan voando entre nós moito tempo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario