8 feb 2011

FEBREIRO, MES DO AMOR

Esta semana anda a xente un pouco alterada porque a biblioteca convocou  o 1º concurso de cartas de amor para o alumnado de 2º e 3º ciclo e de debuxo para infantil e 1º ciclo. Aínda que se explicou que as cartas non teñen porque ser para o namorado/a, que poden ser para o seu personaxe preferido, para algún familiar, para Puca,... o concurso está causando algún que outro "apuro".
As/os profes teñen as bases e os modelos para escribir  as cartas e facer os debuxos. Poden participar os profes, as mamás, os papás... e haberá premios para tod@s, así que animádevos, non sexades sosos coma os bizcoitos que non saben a nada - Como dixo Rafa de 6º.
A través da  biblioteca do Ceip A Baña de Ourense coñecemos este poema de Fernando Pessoa que compartimos con vosoutros.
Todas as cartas de amor son
ridículas
Non serían cartas de amor se non fosen
Ridículas.
Nos meus tempos tamén escribín cartas de amor,
como os demais,
ridículas.
Cando hai amor, as cartas de amor
teñen que ser
Ridículas.

E é que, en fin,
Só as criaturas que non escribiron xamais
Cartas de amor
Son as que son
Ridículas.
A verdade é que hoxe
Os meus recordos daquelas cartas de amor
son os que son
Ridículos
( todas as palabras esdrújulas,
Como os sentimentos esdrúxulos,
Son naturalmente
RIDÍCULAS.)
                                                                            Fernando Pessoa

No hay comentarios: