O venres asistín en Santiago a estes encontros xunto co resto de comañeiras/as dos PLAMBES 1,2,3,4 e 5. Os do PLAMBE 6 xa estaban alí dende o xoves.
Os Encontros comenzaron ás nove e media, coa firma de asistencia e recollida de material.
Da biblioteca de Cervo levaba unha pequena recompilación de materiais, pero alí expostos había cantide e calidade, estupendos traballos que nos dan idea do que se está a facer nas BE e dos que sacamos ideas para levar á práctica nas nosas.
Gustáronme todas as ponencias. A primeira foi a de Teresa Mañá, sobre a avaliación da BE. Logo houbo sesións simultáneas sobre " Literatura en imaxes", eu asistín a que mostraba as experiencias do CIP Castro Baixo ( Miño, A Coruña), do CRA de Ribadumia ( Pontevedra) e do CEIP Dr. Fleming ( Vigo, Pontevedra). Pola tarde tivemos os encontros por zonas, onde se compartiron experiencias e actividades que nos están dando bo resultado, dúbidas e dificultades do día a día. Para rematar tivemos con nós a Neira Vilas, o autor de Memorias dun neno labrego que cumple este ano 50 anos da súa publicación. Este entrañable escritor falounos das súas lembranzas en torno á lectura e as bibliotecas, do empeño que puxo sempre xunto coa súa dona Anisia Miranda, para que o libro galego estivese presente en todos os lugares. Co seu humor galego fíxonos reflexionar sobre a importancia de educar no esforzo, de facilitar a lectura a xente, como se fai dende a biblioteca da súa Fundación, onde acuden nenas e nenos, avós e avoas para compatir o pracer de ler.
En fin, uns Encontros moi entretidos e interesantes, dos que traemos novas ideas que compartiremos, seguramente, con todos vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario