20 may. 2011

APRENDER A APRENDER I

Os nenos e nenas do Segundo e Terceiro Ciclo comezaron o Obradoiro de Técnicas de Estudo “APRENDER A APRENDER” programado polo Departamento de Orientación. Durante a súa posta en marcha traballaranse a comprensión de textos, a busca de ideas principais, o subliñado, o resumo, os esquemas... pero tamén a motivación cara a aprendizaxe, o lugar onde se estuda, a planificación do tempo de lecer e a relaxación.
Nas primeiras sesións do Obradoiro realizamos un horario de estudo individualizado e aprendemos moitos trucos para aproveitar o tempo de estudo respectando tamén o noso tempo de descanso e lecer. Tamén fixemos un experimento coas luces para comprobar onde debemos situar a iluminación cando non dispoñemos de luz natural na habitación. E comezamos a traballar a memoria explicando diversas regras mnemotécnicas.
Para saber máis cousas:




APRENDER A APRENDER,PARTE I on PhotoPeach

No hay comentarios: