17 jun. 2011

O PIRATA PATA DE LATA

LENDO CON “SENTIDO”: O OLFACTO

– “... A este feroz pirata, chámanlle Pata de Lata...”

Deste xeito comeza o conto “O Pirata Pata de Lata” do autor Xosé Manuel González Barreiro “Oli”, conto que nesta ocasión serviunos para continuar o obradoiro “Ler con Sentido”, traballando o olfacto.
Con anterioridade á sesión de contacontos, os nenos e nenas de infantil recolleron plantas aromáticas no xardín do cole; plantas que desapareceron das clases esa mesma tarde... quen as collería?? pois está moi claro, o Pirata Pata de Lata, coma pirata que é, decidiu roubalas para o seu tesouro...
Pero coma este pirata non é tan malo coma parece, decidiu devolverllas aos nenos e nenas a cambio de que as converteran en coloridos saquiños olorosos. Deste xeito lembraríanse del levando para cada casa un pedaciño do seu tesouro.
Aquí podedes ver unha chea de fotos do obradoiro.
Fixádevos ben... moitos dos nenos e nenas decidiron sacar unha foto co pirata!!

No hay comentarios: