1 jul 2011

CARTA DE PUCA AOS DE 6º


Aínda parece que foi onte cando chegástedes ao colexio e xa rematástedes a vosa andaina no centro.  Eu aparecín por aquí atraída pola vosa alegría e dinamismo, pola vosa actividade e boa disposición para o traballo. Nacín da vosa imaxinación e creástedes a miña historia. Fóstedes uns excelentes axudantes na biblioteca, sempre dispostos a votar unha man para pegar etiquetas, forrar libros, colocalos, doblar folletos, repartilos, servir de guía aos máis pequenos, votarlles a bronca cando non entregaban os libros no seu plazo...
Por iso me vou a lembrar moito deste curso, aínda que vos espero, no ciberespacio e na biblioteca. Sabedes que  tedes a súa porta aberta para seguir empregando todos os seus recursos e cando os que non entenden porque unha biblioteca tan pequena recibíu o Premio ás Boas Prácticas e vos pregunten que faciades nela, contestade: ler, falar, escoitar, divertirse, traballar, formarse, aprender, comer, rir,...nada especial, simplemente aquelo que faciamos ata acabar sentíndoa como algo noso.
Cando tardaba en mandarvos unha carta, dábadeslle as queixas a María: " Hai moito que non nos escribe Puca." Agora vaime ser máis difícil facérvolas chegar ata a biblioteca do IES, pero a través de blog sabedes que podemos seguir comunicándonos, seguindo as novas e facendo comentarios, así que seguiremos en contacto. Por iso non quero que isto sexa unha despedida, senón un ATA SEMPRE!

APERTAS DE CHOCOLATE !!
PUCA


2 comentarios:

Rafa dijo...

Claro q si seguiremos en contacto, unha aperta e a seguir facendo desa biblio a mellor do mundo.

Bicos para todos Rafa.

BIBLIOCERVO dijo...

Grazas Rafa,ou tamén Rafaelli, polo teu comentario! Xa sabes que a biblio segue aberta para todos vós, vide por aquí cando queiredes. Unha aperta de Puca.