11 jul 2011

ESTIVEMOS NOS II ENCONTROS LITERATURA E EDUCACIÓN,EN SANTIAGO.

O pasado 2 de xullo estivemos en Santiago de Compostela no II ENCONTRO ESTATAL DE LITERATURA E EDUCACIÓN, organizado por FETE Enseñanza. Os encontros comenzaron o día 30, e seguiron o 1 e 2 con diversas mesas e ponencias de ilustradores, escritores, editores, profesores, asesoras, etc.
Dentro dos Encontros tivo lugar a entrega do Premio LORENZO LUZURIAGA ao escritor galego Manuel Rivas.
Nosoutros compartimos mesa coas compañeiras Mónica Muñoz do CEIP Frian de Teis-Vigo,  con Mª Dolores Tobío do IES San Xenxo e coa asesora  do CEFORE de Vilagarcía. Representabamos aos centros galardonados co PREMIO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS EN BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Tivemos a oportunidade de poñerlle cara as compañeiras que coñeciamos a través do foro do PLAMBE, Mónica, Dolores, Gracia, Nine e de saudar a Cristina e a Pilar, as nosas asesoras.
A pesares de que tiñamos pouco tempo para expoñer a nosa experiencia, quince minutos escasos, quixemos facer un resumo das boas prácticas que desenrolamos na  biblioteca e dos últimos proxectos traballados. Como nos quedou a sensación de que o tempo chegou a pouco e de que a exposición foi moi apurada, subímola ao blog para poder visionala con calma.



O pasado día 2 de xullo estivemos nos ENCONTROS DE LITERATURA

3 comentarios:

Belenjunquera dijo...

Sinto que o tempo non chegara a nada pero xa sabes como son estas cousas, aínda que seguro que a todo o mundo lle quedou claro que estades facendo un bo traballo e quedou con bo sabor de boca e gañas de volver a escoitarte noutra ocasión.
Mil grazas de novo por participar
un bicazo

Ronsel dijo...

Un pracer coñecerte e un dobre pracer escoitarte e admirarte. Parabéns. Unha aperta.

BIBLIOCERVO dijo...

Encantada de poder mostrar o noso traballo que tamén é voso,polo que nos tedes axudado e compartido!Unha aperta de María