27 sept. 2011

POEMAS DO OUTONO

Lembramos a vista de Ana Mª Fernández e de Xan Babarro con estes poemas do outono:

O Río Xunco no outono.

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
                           ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS                           
       ESTREANDO FRIAXE.                

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais

POLOS ALTOS
DO POUSADOIRO

ANDA UNHA NENA

CUN ZOSCADOIRO

PARA ZOSCARLLE

Ó VENTO NORDÉS,

PORQUE LLE PUXO

O PARAUGAS DO REVÉS

E MOLLOUNA TODIÑA

DA CABEZA ÓS PES.

XOÁN BABARRO "Ten,ten a miña casa ten..." Arbore.Galaxia

Lembrade que no blog atoparedes moitos recursos para traballar este tema!

No hay comentarios: