O 30 de Xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e da Paz, faremos distintas actividades no noso cole.
Pola mañá celebraremos a "VIII Carrera Kilómetros de Solidariedad" promovida por Save the Children co obxectivo de recaudar fondos, que este ano irán destinados a axudar a que os nenos e as nenas da República Democrática do Congo teñan aceso á educación.
Para iso, cada alumno buscará patrocinadores entre os seus familiares e amigos, que se comprometan a dar "x" cartos por cada kilómetro que faga. Unha vez concluida a Carreira, cada participante multiplica as voltas percorridas polo precio fixado por cada patrocinador e recauda os cartos, para que o cole os faiga chegar á organización Save the Children. Tamén se lle entregará un Diploma Solidario a cada participante.
Ás clases chegarán uns folletos coma estes para traballar con eles. Son actividades dirixidas ao alumnado para facer en parella ou en pequenos grupos. Animádevos a resolver as cuestións que se plantexan!Neste atoparedes información.
Uns folletos para resolver unhas preguntas:
Esta é a presentación que se nomea no folleto das preguntas, nela atoparás algunha resposta.
A PAZ CONSTRÚESE CO ESFORZO DE TOD@S
E si queres saber máis cousas busca nos recursos do blog, onde pon RECURSOS PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN EN VALORES E A COEDUCACIÓN ou preme AQUÍ
E si queres saber máis cousas busca nos recursos do blog, onde pon RECURSOS PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN EN VALORES E A COEDUCACIÓN ou preme AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario