O luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz con diversas actividades, entre elas a carreira " Kilómetros solidarios" organizada pola ONG Shave Children na que participaron todas as nenas e nenos do colexio correndo coma uns verdadeiros atletas. Foron moitas as voltas solidarias que sumaron entre todos e o recaudado entre os patrocinadores será enviado a esta ONG para contribuir aos seus proxectos na República Democrática do Congo.
Pola tarde disfrutamos moito na biblioteca con INACIO, un contacontos que nos fixo rir coas súas historias de animais tan populares como o burro, o lobo, a raposa,...
Pero as actividades relacionadas coa Paz non rematan o día 30, posto que durante toda a semana seguiremos traballando nas aulas e na biblioteca para resolver as pistas e as preguntas que Puca nos mandou nos folletos e teremos unhas consignas da paz para saudarnos cada día dunha maneira diferente: o luns era un saúdo verbal, o martes cun xesto, o mércores dándonos a man, o xoves cun bico e o venres rematamos cunha aperta.
Prometemos poñer máis fotos da carreira!
No hay comentarios:
Publicar un comentario