A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro, do que este ano se cumpre o 175 aniversario.
Ademais, convida aos centros de ensino e aos concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento e anima á cidadanía a partic ipar nesas actividades.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura eEducación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Por outra banda, a AELG abriu un blog para reflectir todas as actividades e celebracións dese día, convidando a participar nel a toda a cidadanía.

Nós temos pensado escoitar na biblioteca estes poemas de Rosalía e resolver unhas cuestións que Puca nos propón. Si xurden máis propostas, xa vos informaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario