Charles John Huffan Dickens (1812-1870), mais coñecido coma Charles Dickens, foi un famoso novelista inglés e o principal autor do que na literatura inglesa chamamos “a era victoriana”. Escribía con gran maestría, gustáballe moito describir xentes e lugares (moitos deles imaxinarios) e empregar o humor, a ironía e a crítica social nas súas historias.
Empezou a estudiar aos nove anos e sempre foi un lector voraz. Lía moitas novelas picarescas e de aventuras coma Don Quijote de la Mancha ou Robinson Crusoe. O seu escritor favorito era Henry Fielding (un autor moi divertido que vos recomendo ler cando sexades un pouco maiores).
Aquí tedes unha pequeña animación sobre a vida de Charles Dickens.
DATOS CURIOSOS
O pai de Dickens foi encarcelado por impago de débedas, a maior parte da familia tivo que ir vivir co proxenitor ao cárcere (daquela era habitual). Dickens foi acollido nunha casa e non tivo que vivir no cárcere, pero ía a miúdo de visita.
Aos doce anos comezou a traballar nunha fábrica de betún cerca de Charing Cross, Londres. Co que gañaba pagaba a pensión e axudaba á familia. Na época da revolución industrial en Inglaterra os nenos eran man de obra barata, deixovos o enlace dun vídeo para que vos fagades unha idea das condicións tan duras e deplorables nas que traballaban estes pequenos. Child Labour in the Victorian England. http://youtu.be/kKcFDUDlRCE
As condicións deplorables de traballo das clases proletarias son unha constante nas súas novelas. Podedes ler David Copperfield por exemplo (hai versións para nenos).
Traballou de pasante, taquígrafo xudicial, reporteiro, xornalista político…
Casou con Catherine Thompson Hogarth no 1836 e tiveron dez fillos.
Entre o 1837 e o 1838 publicou Oliver Twist, unha das súas novelas mais importantes e coñecidas. Por aquel entonces era habitual publicar as novelas por entregas pois non todo o mundo tiña diñeiro para mercar libros.
No 1842 xa tiña un gran prestixio coma escritor. Foi entón cando viaxou aos Estados Unidos onde foi rexeitado pola súa novela Notas de América e porque nas súas conferencias posicionábase abertamente en contra da esclavitude, que naquel momento era legal. (O presidente Abraham Lincoln finalmente liberou aos esclavos en Norteamérica no 1863)
Coñeceu en persoa a Alejandro Dumas e a Julio Verne.
Fundou o Daily News.
Daba conferencias sobre os dereitos de autor, defensa das prostitutas e a condena da pena de norte, que era toda unha diversión para o pobo londinense naquel tempo. (As últimas execucións en Gran Bretaña datan do 1969 pero, sabíades que a pena de norte se mantivo no Código ata o 1998?)
No hay comentarios:
Publicar un comentario