16 mar. 2012

SALVANDO ÁS PERSOAS

Os de infantil e 1º ciclo están a traballar os medios de transporte. Días pasados fixeron unha saída ata Viveiro  en autobús. En Celeiro viron o helicóptero de salvamento marítimo Pesca II, logo voltaron ata Burela en tren e en autobús ata Cervo. 
Foi unha visita que lles gustou moito a todos e así nola conta unha nena da clase de 1º:
" O martes fumos de excursón e paseino moi ben. O que máis me gustou foi cando tiraron o fume laranxa e o helicóptero.Os pilotos ensináronos moito.
Escribimos un poema para darlles as gracias aos pilotos".
O poema titúlase:        
      SALVANDO ÁS PERSOAS

Os nenos de 1º queremos agradecer
todo o que nos deixástedes ver.

O helicóptero blanco e azul
é imposible gardalo nu baúl.

Para poder nadar ó fondo do mar
ás aletas amarelas han de usar.

Co fume laranxa podemos avisar
aos gardacostas para que nos vaian buscar.

As luces de cores blanco, vermello e verde
para que na noite ilumines un montón.

Na cesta de rescate tes que te sentar
se no mar non te queres quedar.

Cos cascos poden falar 
e así tamén cantar.


No hay comentarios: