28 abr 2012

PREPARANDO A SALA DE EXPOSICIÓNS

O noso cole estase a vestir de gala!!! 

Durante os próximos días temos a sorte de acoller unha exposición moi especial... os nenos e nenas de infantil sábenno e decidiron poñer o seu gran de area decorando dun xeito moi artístico as cortinas que van lucir na nosa particular sala de exposicións.

Baixo o proxecto “Lendo e Pintando”, descubriron unha nova técnica pictórica, o “Action Painting” ou “Pintura en Acción”, que consiste en expresar mediante a cor e a materia do lenzo, sensaciones coma o movemento, a velocidade e a enerxía.
Neste enlace podedes informarvos máis sobre esta técnica, que como podedes ver nas fotos, é ademáis moi divertida!

http://es.wikipedia.org/wiki/Action_painting





No hay comentarios: