10 abr 2012

XA TEMOS DE NOVO MEDIADORAS E MEDIADORES DE CONFLITOS!!




“... Quero ser mediadora para axudar aos compañeiros con problemas, e tamén para axudarme a min mesma...”

“... Creo que o vou a facer moi ben porque sempre que hai un conflito intento solucionalo, e gústame axudar á xente...”

“... para axudarlle aos nenos a arranxar os seus problemas e porque no meu último ano no cole quero ter unha nova experiencia...”

“... creo que o farei ben... e é en serio.”

(Alumnas e alumnos de 6º)

Antes das vacacións de Semana Santa< as alumnas e alumnos de 6ª de Primaria remataron un “Obradoiro de Mediación Escolar” levado a cabo polo Departamento de Orientación do cole. Todos conseguiron o seu Diploma e están moi animados e concienciados para levar a cabo esta labor tan importante.

Os “Mediadores Escolares” axudarán aos seus compañeiros e compañeiras a buscar solucións aos conflitos que poidan surxir no tempo de lecer (que estamos seguros de que serán moi pouquiños), e para elo empregarán todas as técnicas que aprenderon no obradoiro: a escoita activa, as estratéxias de resolución pacífica de conflitos, a imparcialidade...

No hay comentarios: