Onte comenzamos unha nova andaina, novo curso, caras novas e outras non tan novas, ideas e proxectos...O deste curso titúlase LENDO E CREANDO e vai ser a continuación do pasado LENDO E PINTANDO. Seguimos a traballar a arte e esta vez eliximos a escultura. Pero hai algunha novidade máis que vos iremos mostrando pouco a pouco, a medida que as vaiamos levando á practica.
O equipo da biblioteca ven con moitas ganas de facer cousas e traballar. Contamos coa axuda de PUCA, que despois dun verán super relaxado e veraniego, esperamos que se poña a traballar de inmediato para poder ter todo listo para o mes de outubro, será entón cando xa se poida ir a biblioteca con normalidade. Ata entón pedimos un pouquiño de paciencia!
BENVIDOS E BO CURSO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario