16 oct. 2012

O DEREITO A GOZAR DA CIENCIA EN GALEGO



A semana pasada recibimos nas clases esta carta de Puca:

Ola rapaces e rapazas!
Quero dicirvos que durante todo o mes de outubro imos celebrar o MES DA CIENCIA, que este ano está adicado a LEONARDO DA VINCI e ao galego RAMÓN VEREA o inventor da primera calculadora. Por certo, e de Leonardo da Vinci que sabedes? Pois si xa o coñecedes ou queredes saber máis cousas sobre el, vade á biblio nos recreos. Alí atoparedes un montón de libros e materiais onde vos podedes informar. Tamén podedes participar en diversas actividades que vos propoño, pedídellas ás profes de garda da biblioteca e a divertirse facéndoas.
Ademais, os luns e xoves proxectaranse na hora do recreo, vídeos moi moi interesantes sobre este xenio.

ESPERO VERVOS POLA BIBLIO! 
Apertas de Puca.

A verdade é que a resposta non se fixo esperar e nos recreos temos a biblioteca en plena actividade: rapazada vendo os vídeos, resolvendo as preguntas en grupiños, ...o interese é moito por aprender máis cousas sobre Leonardo. E o gran día será o 5 de novembro,  día da Ciencia en Galego, vai haber demostracións algún experimento de Leonardo e algunha cousiña máis que estamos preparando. Xa vos mostraremos imaxes.

No hay comentarios: