O alumnado de
infantil, para aprender as partes do corpo e tamén os nomes das froitas,
partiron da lectura dun fermoso libro titulado: “A ARAÑA E MAIS EU”, escrito por Fran Alonso, con fotografías de Manuel G. Vicente e publicado en Kalandraka.
Logo de lelo a
mestra con moito teatro, fixeron varias actividades, entre elas un
obradoiro de plástica onde elaboraron moitas arañas
empregando material reciclado como
oveiras e palliñas de zume; para facela
obra artística empregan témpera para pintar e alkil para pegar as patas; a
segunda actividade foi de psicomotricidade arredor
das masaxes, onde nunha primeira sesión acompañados de música clásica relaxante, o alumnado posto por parellas, percorre
o corpo dos pés á cabeza do outro, como se fosen arañas, xa na segunda sesión
fan as masaxes propiamente ditas, tamén por parellas e empregando unha natiña,
aceite e con partes do corpo espidas …
O conto é o que segue:
“A ARAÑA E MAIS EU”
Un día alegre, de súpeto, unha araña gorda e fea …
brincou dende o ceo para aterrar no meu corpo.
A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé,
avultada coma un kivi.
Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina.
Paseou (¡socorro!) polas miñas pernas,
Grandes e lisas coma a papaia.
Fixo unha parada (vaia!) no meu xeonllo,
redondo coma unha mazá.
Rastrexou (ei!) as miñas nádegas aveluladas
coma a pel dun pexego.
Quixo (puag!) entrar no meu embigo
misterioso coma un coco.
Gabeou polas miñas costas,
suaves coma a pel dunha sandía.
Detívose (oh!) nos meus peitos,
diminutos coma figos.
Por fin, alcanzou (auxilio!) o meu pescozo,
revirado coma un mango.
Percorreu rapidamente o meu queixo,
aquelado coma unha pera.
Observou perigosamente a miña boca,
fresca coma unha ameixa.
Continuou (glub!) ata o meu nariz,
afiado coma un amorodo.
Contemplou os meus ollos,
redondiños coma cereixas.
Chegou (buf!) á fronte,
Dura coma a monda dun melón.
E (ah!) perdeuse na selva do meu pelo,
ensarillado coma un acio de uvas.
Finalmente, desde a cabeza,
brincou ao baleiro tendendo no aire en fío case invisible.
E, movendo as patas díxome adeus.
Logo, desapareceu tecendo entre nós unha corda
de amizade.
Si vos apetece facer máis actividades sobre este conto, aquí vos deixamos o enlece ao LIM feito por Belén Velasco. Preme neste título para xogar e repasar o oconto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario