Os nenos e nenas de infantil realizaron un obradoiro no
que traballaron cos seus pés…
O primeiriño que fixeron foi unha divertida sesión de
contacontos na biblioteca na que se proxectou o conto “Un pé aquí e outro
acolá” de Juanolo… con ela descubriron as partes do pé, as sensacións que se
poden sentir neles, e moitas curiosidades como que hai animais que teñen 100
pés e outros que só teñen un.
Pero esto non era todo, agardaba unha sorpresa. Un circuíto spa para pés!!!!!!!
Alí pintaron os pés para plasmar as súas pegadas, notaron
a auga quentiña e xogaron nela atrapando canicas, empregaron toallas para
secarse entre as dedas, descubriron o sentido do tacto nos seus pés e
relaxáronse cunha masaxe…
Toda unha experiencia da cabeza aos PÉS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario