13 dic 2012

RECITAMOS A CELSO EMILIO O 12-12-12

Onte, ás once e media da mañá aproximadamente, xuntámonos todo o cole no noso particular " salón de actos", o patio de xogos dos de infantil cando chove. 
Xuntámonos porque si, porque nos peta, porque nos deu a gana, porque nos sae de dentro  e nos gusta   recitar  e escoitar os poemas de Celso Emilio Ferreiro na celebración do centenario do seu nacemento. 
Empezaron os de 1º  Primaria,  logo seguiron os de 4º e  5º. Os  poemas elixidos foron os do folleto que elaboramos: O NENOS, LONGA NOITE DE PEDRA, MARÍA SOLIÑA, INVERNO...Para rematar, os de 6º ás 12  do 12 do 12, recitaron o  poema DEITADO FRENTE AO MAR. 
Os pequeniños de infantil escoitaron atentamente e admirados, os fermosos versos que dicían  os maiores. 


 

No hay comentarios: