7 dic 2012

RECITANDOCELSOEMILIO




Este ano cúmplese o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, importante poeta da literatura galega da segunda metade do séculoXX. Desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)  chegounos a invitación para participar nunha homenxe a este poeta de Celanova á que nos sumamos. A actividade consta de dúas accións simultáneas e complementarias:
  • Un acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
  • Un envío masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.
O acto terá lugar o  mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas. Ese día e a esa hora xuntarémonos todo o colexio para recitar algún dos seus poemas.




O equipo da biblioteca en colaboración co de NDL elaborou un folleto para repartir ao alumnado e ás familias que vos mostramos aquí. Tamén subimos este  vídeo do poema DEITADO FRONTE AO MAR  feito no IES As Barxas,  no para irnos ambientando. 





E este de María do Ceo, sobre o poema  MARÍA SOLIÑA


No hay comentarios: