29 ene 2013
UN NADAL MONSTRUOSO
Polo Nadal, os nenos e nenas do cole, fixeron caso das recomendacións de Puca e pediron de agasallo un libro.
Coa axuda das familias escolleron entre todos os que se recomendaban no folleto elaborado polo equipo da biblioteca. "Pide un libro polo Nadal, e pasaralo fenomenal": E vaia se o pasaron ben!
Os nenos e nenas do 1º Ciclo parece que escolleron pasar as vacacións a carón de un montón de monstros. Aqui podedes ver algúns dos fermosos debuxos que elaboraron logo de desfrutar coa lectura de 2 libros moi terroríficos: "Onde viven os monstros" e "El Grúfalo".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ola son Noé gustame moito a idea de que os nenos de primeiro faigan manualidades de libros
Moitos vicos
Grazas, Noé polo teu comentario, ás nenas e nenos de 1º ciclo vailles gustar moito! Unha aperta de Puca
Publicar un comentario