13 mar 2013

A VERDADEIRA HISTORIA DE DONA COLIFLOR


Os alumnos e alumnas do 1º curso de Primaria elaboraron un fermoso conto que ten como protagonista a súa verdura favorita... a coliflor! Favorita porque é a habitante da súa parcela no invernadoiro da escola. 

Ola, son Dona Coliflor!
Vivo no invernadoiro da escola de Cervo dende que me plantaron os nenos de primeiro nunha fría tarde do mes de Xaneiro. Gústame moito que me veñan ver os nenos, que me reguen e que me arranquen as malas herbas.
Fíxenme amiga do meu veciño do lado, Don Brécol. Saudámonos, todos os días e falamos das nosas cousas, cousas de verduras.
Por exemplo, Don Brécol sempre me pregunta que son, col ou flor. Eu dígolle que teña paciencia, pois aínda que agora son unha col, un día destes vaime saír unha fermosa flor branca con forma de nube e convertereime nunha auténtica COLIFLOR!



Pero non só escribiron este fermoso conto, senón que tamén inventaron unhas adiviñas para celebrar que na súa última visita ao invernadoiro “Dona Coliflor” lles tiña preparada unha sorpresa... por fin saíralle a súa nube branca!!!!

Enriba dunha col,
Saíu unha nube branca,
Se a cortas e a coces,
Quedará moi branda.

Adorna o prato coma unha flor,
Pero de col é o seu sabor!



No hay comentarios: