7 mar 2013

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012-2013



O 7 e 8 de marzo celébrase en Santiago de Compostela os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DAS BIBLOTECAS ESCOLARES do curso actual.
Eses días reunirémonos o profesorado coordinador das bibliotecas integrantes do PLAMBE. Os centros que se incorporaron este ano irán xa o xoves, os demais o venres. Ese día xuntarémonos unhas 500 persoas para formarnos, intercambiar experiencias, compartir materiais e ideas e convivir nunha xornada que promete ser moi interesante, senón consultade o PROGRAMA.
Viremos coas pilas cargadiñas  para seguir traballando en prol de convertir a nosa biblioteca nun 
CENTRO DE RECURSOS PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN E A APRENDIZAXE.

No hay comentarios: