6 abr. 2013

XOGUETES ORIXINAIS E BARATOS





Pasamos a tarde do venres facendo todas estes xogos tan orixinais e baratos. Con cartóns de leite, botellas de plástico, tapas, envases de iogures, fíos,... coa axuda dos voluntarios da Fundación  ALCOA e da ANPA, elaboramos avións, carteiras, axouxeres, teléfonos, animaliños e obxectos diversos que podedes ver nas imaxes. 
No cole xa sabiamos das boas prácticas do reciclado, porque facemos recollida selectiva de papel, plástico, pilas, orgánico, cartuchos de tinta,...pero veunos moi ben este obradoiro para sensibilizarnos máis e concienciarnos de  que nos podemos divertir sin gastar nada, sen xoguetes caros...e isto vai moi ben para épocas de crise.
Grazas ós papás, mamás e voluntarios de Alcoa; tamén a Fundación Alcoa por colaborar co colexio nestas actividades tan divertidas e interesantes.

No hay comentarios: