14 may. 2013

MÚSICA PARA AS LETRAS GALEGAS

Estamos na semana das Letras Galegas, o xoves todo o alumnado de primaria irá ao Correlinguas a Mondoñedo, percorreremos as rúas empedradas desta fermosa cidade falando, cantando en galego, porque como di Paco Nogueiras Nodar na canción. "EN GALEGO, O NOSO MUNDO É!"
Tanto a música  como a letra son pegadizas, así que practicade un pouquiño e así poder cantala o xoves. Tamén vos deixo o vídeo "Espíritu Vidal Bolaño" que  este autor fixo coa ocasión das Letras Galegas. Así que: A cantar!

Si queredes coñecer máis cousas sobre o autor das Letras Galegas 2013, Roberto Vidal Bolaño, premede na súa imaxe que poderedes atopar no lado dereito do blogue ou AQUÍ

No hay comentarios: