4 jun 2013

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA



Hoxe celebramos o DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA. Tivemos unha mañá moi  ocupada cos  ceramistas e artesáns: Manuel Miranda, Estéfano Gudín, Neira Brosch e José Ramón Ferreira.
Primeiro, todo o alumnado pasou polo obradoiro de Miranda para realizar unhas orixinais chapas coas que compoñeremos un mosaico. Logo trasladámonos ata diante do colexio, fóra,para ver  como Neira Brosch traballaba co porespán para crear o efecto dunha vidreira. Para iso, primeiro tivo que quentar uns ferros cos que logo gravaba no porespán, despois o alumnado de 6º curso colocou plásticos de cores, por último montaron as chapas y cunha luz dentro, creouse o efecto dunha vidreira.
Unha vez rematada esta actividade, entramos para o lugar da exposición. Alí, o director do cole, Manuel, presentou aos artistas e agradeceulles a súa axuda e boa disposición a colaborar cos centros educativos. Agasállamolos cun detallino de Sargadelos. Por último chegou o turno das preguntas, para satisfacer a curiosidade do alumnado.
Á celebración deste día uníronse os centros da Mariña que vemos no cartel que para este día crearon as alumnas e alumnos do bacharelato de artes do IES Monte Castelo de Burela. Aos artistas temos que engadir a Francisco Amat que estivo no Ceip Vista Alegre e a Miranda, Ferreira e Gudín que estiveron con nós no Ceip de Cervo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

amin gustoume moito o colexo de cervo pasatelo vien juega as amigos conoce a gente estudia trabaja.