Hoxe saíu publicada no DOG a resolución definitiva do PLAMBE IX , no que está incluído o noso centro, xunto con outros 523 de toda Galicia. Todos eles recibirán axudas para a renovación dos seus fondos, o cal fai posible que as bibliotecas continúen desempeñando as funcións que lles son propias e que están recollidas no artigo 113 da LOE e na normativa curricular vixente.
A biblioteca nosa recibirá 1400 euros, unha cantidade que pensamos invertir moi ben para seguir mellorándoa e así poder ofrecerlles aos nenos e nenas do cole as mellores lecturas do mundo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario