Celebraremos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES o venres 25 de outubro cunha xuntanza na biblioteca para ler os traballos que o alumnado elaborou en familia. A biblioteca propúxolles a realización dunha actividade onde se lles preguntaba E VOS POR QUE LEDES? Cada neno/a ensinará e explicará o seu traballo aos demais.
A todos os participantes daráselles o pasaporte ao LIBERESPAZO para que cumplimenten coas lecturas que faigan en familia. Unha vez completado este pasaporte, será visado pola biblioteca e mandaráselles un diploma ás familias devoradoras de lecturas.
Ese día tamén se repartirá un folleto con recomendacións para ser UNHA BOA OU UN BO LECTOR.
O alumnado novo recibirá unha chapa de PUCA, a nosa mascota e como remate, veremos a película titulada KERITY LA CASA DE LOS SUEÑOS, feita a partir do libro NAT Y EL SECRETO DE ELEONORA, sobre o mundo secreto dos libros e os seus increíbles personaxes.
Puca estará agardando na biblioteca para facernos novas propostas e sorpresas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario