13 feb. 2014

PETISCOS AMOROSOS


A mascota da biblio, Puca, está moi contenta porque as nenas e nenos do cole fixéronlle caso á carta que lles mandou invitándoos a participar no concurso de CARTAS DE AMOR CON HUMOR  e de debuxo TI A QUEN QUERES MÁIS? Para agradecérllelo, Puca que anda de cociñeira, preparounos uns " petiscos amorosos" de poemas moi pero que moi doces! Todos os que presentaron os traballos, levarán un roliño poético coma os que vedes na imaxe! Agardamos que vos guste e que os saboreedes na compaña dos vosos amores!


No hay comentarios: