29 abr 2014

A DESPENSA DAS LECTURAS: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Á luz da lúa un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. 
Un domingo pola mañá, 
cando o sol comezaba a quentar, PLOP! do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi 
larpeira.
Así comeza este fermoso conto, onde a protagonista é unha pequena eiruga que come e come sen parar. Os nenos e nenas de infantil desfrutaron moito da súa historia que chegou a eles grazas a dúas contacontos moi especiais, as mestras Paquita e Mar! 



No hay comentarios: