Organizado pola ANPA do cole, asistimos ao espectáculo de Os tres TENedORES, no que tres cociñeiros un pouco tolos, prepararon un cocido con sinfonías de toda clase: rap, rock, matemáticas e números...e moito pero que moito humor!
Cantamos esta canción de NÚMEROS:
" Un dous, un dous tres, catro cinco seis, sete oito nove dez e vas resolver a nosa operación porque
-Se a mesa na que sentamos para xantar é cadrada, cantos lados ten? Catro..."
Como queriamos aprendela, mercamos o libro- disco para a biblioteca, así podemos escoitala cando nos apeteza!
E como nos gusta a boa música, tamén mercamos o libro-disco de GATUXOS, de Maxín Blanco, con 16 cancións pausadas, alegres e tranquilas.
Estas dúas novidades irán recomendadas no folleto de Nadal, un bó agasallo para estas datas!
COCIDO SINFÓNICO on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario