28 ene 2015

CALENDARIO MUSICAL 2015

Seguindo na línea de traballo deste curso e dentro do proxecto de centro impulsado pola biblioteca, CÁNTAME UN CONTO, durante o mes de decembro as nenas e nenos do colexio elaboraron este calendario musical. Cada clase fixo un mes do ano, a non ser  as dos maiores que tiveron que traballar doble. Tamén colaboraron as aulas de PT e de AL co alumnado de NEE. 
Como veredes, cada mes está adicado a un instrumento tradicional galego: o bombo, as  culleres, as cunchas, a gaita, a lata, o pandeiro,  a requinta, as tarrañolas, o tamboril, o sacho e o coio e a zanfona. Cada clase investigou sobre o instrumento elixido e este é  produto. Agardamos que vos guste!

No hay comentarios: