21 feb 2015

QUE VEN DAVID FERNÁNDEZ SIFRES!!!!


O luns 23 ás dez e media da mañá, aproximadamente, estará con nós na biblioteca DAVID FERNÁNDEZ SIFRES, o autor do libro QUE VIENEN LOS MARCIANOS, co que están traballando este trimestre en lingua castelá na aula de 3º e que xa traballaron en 4º no primeiro trimestre.
Estamos impacientes por falar con este escritor e facerlle preguntas sobre este título que tanto nos está gustando. Ademais, na biblioteca podedes atopar os libros UN INTRUSO EN MI CUADERNO e LUCES EN EL CANAL, tamén escritos por el.
Poñemos o enlace á súa páxina por si queredes saber máis cousas del, por exemplo, os numerosos premios que levou:
-      Premio Fundación Cuatrogatos 2014 por Luces en el canal (Ed. SM, 2013)
-       Lista de Honor do Premio CCEI de Literatura 2014 por Luces en el canal (Ed. SM, 2013)
-        Premio CCEI de Literatura 2013 por Un intruso en mi cuaderno.
-       Premio El Barco de Vapor 2013, de literatura infantil, por Luces en el canal (Ed. SM, 2013).
-     Finalista do Premio Hache 2013, de literatura juvenil, por El faro de la mujer ausente.
-       Lista de Honor do Premio CCEI de Literatura 2012 por El faro de la mujer ausente.
-       Premio Ala Delta 2012 de Literatura Infantil, por Un intruso en mi cuaderno (Ed. Edelvives, 2012).
-       Premio Alandar 2011 de Narrativa Juvenil, por El faro de la mujer ausente (Ed. Edelvives, 2011).

Xa vos contaremos como foi este encontro!!

    PÁXINA DAVID FERNÁNDEZ SIFRES

No hay comentarios: