Para rematar o traballo sobre a tradición oral e as lendas que fixemos ao longo dos meses de outubro e novembro,recentemente tivemos a visita de ANTONIO REIGOSA.
Preparounos un abecedario de adiviñas, onde as solucións eran seres míticos e fantásticos, protagonistas de lendas. Algunhas eran fáciles de adiviñar, pero outras...Tívonos que axudar Reigosa, porque os nomes eran moi raros e descoñecidos para nós!
A tarde pasousenos moi rápido e marchamos para a casa pensando na galiña dos pitos de ouro, nas meigas, nas mouras, en serpes e sereas...Todo un mundo de fantasía da tradición e cultura galega que debemos coñecer e conservar.
Agradecémoslle a A. Reigosa a súa visita e o seu traballo desinteresado para estar con nós.
ADIVIÑANDO LENDAS, CON ANTONIO REIGOSA on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario