1 dic 2015

LEMBRANDO A NEIRA VILAS

A semana pasada finou Neira Vilas, un escritor e entrañable persoa que visitou o noso colexio por dúas veces. A primeira xa fai moitos anos aló polo 1993, en compañía da súa dona Anisia Miranda. Naquela ocasión, o alumnado fixéralle unha entrevista para publicar na emisora de  radio escolar que naqueles tempos, tiñamos no colexio. Por algún recuncho do colexio debe estar gardada esa entrevista nunha cinta de radio cassette! 
O noso ex alumno Caxoto, artista de A trastenda dos Contos,  lembrábase estes días desa visita, porque despertara nel o gusto pola lectura, a literatura e a narración de historias, co seu permiso, copiamos as súas llembranzas:

"No 93 (con 14 anos) eu non sabía que me ía adicar a vivir do conto pero lembro que este libro e a visita de Neira Vilas ó meu colexio causou en min unha fonda impresión... en fin, un nunca sabe que cousas do pasado provocan que cousas no futuro pero estou seguro que aquel día se asentaron algunhas importantes pedras que cimentan o contador de historias que son hoxe."




Máis recientemente, no ano 2011, voltara ao colexio e desta vez, xa a biblioteca, para estar co alumando que lera "Memorias dun neno labrego" no club de lectura.


Aquí o vemos na biblioteca con Pablo e Xan...

Das dúas visitas gardamos entrañables recordos que nos gustaría compartir con vós e así sumarnos ás actividades que dende as Bibliotecas Escolares de Galicia se están promovendo para lembrar a este gran maestro.
Ata sempre, Balbino!

No hay comentarios: