28 dic 2015

UNHAS CARTAS ESPECIAIS

Antes das vacacións de Nadal, escribimos cartas a algúns actores e actrices galegos invitándoos a visitarnos, porque como estamos traballando nun proxecto sobre o cine, queremos saber moitas cousas sobre esta arte. A clase de 3º escribiulle a Manuel Manquiña, a Mario Casas, a Martiño Rivas, Marta Larralde e Miryam Gallego. Fixeron uns murais moi chulos sobre eles onde recolleron a información que buscaron sobre os actores e actrices.
A clase de 4º fixo un traballo de investigación sobre Rosalía Castro, unha actriz de Burela, e escribíronlle un correo electrónico para  invitala tamén, a que veña ao noso colexio.
Outro grupo de nenos e nenas mandou un vídeo a Carlos Blanco co mesmo obxectivo e...Sorpresa!!! Xa nos contestou que si, que ía vir ao cole de Cervo para estar con nós.
De seguro que á volta das vacacións teremos máis respostas no correo.



No hay comentarios: