2 feb. 2016

VISITA DE J.M. GISBERT



Como nos dicía Puca na súa carta, o 21 de xaneiro tivemos a visita do escritor Joan Manuel Gisbert, o autor de libros que xa traballamos ou estamos traballando nas aulas de 3º, 4º, 5º e 6º: 

El palacio de los tres ojos 
Fabulosa noche de san Juan
 El bosque de los desaparecidos
 Noa la joven fantasma

Ao igual que nas súas obras, a sesión estivo chea de acertixos e misterio, porque constantemente nos estivo facendo participar e realizando enigmáticas  preguntas. A quen as  acertaba, agasallábaos cunhas libretiñas coa portada dos libros.
Nós tamén tiñamos cousiñas  para el, xa que preparamos  debuxos, poesías, caricaturas...
Quedamos con ganas de seguir lendo as súas obras!
visita J.M. Gisb

No hay comentarios: