1 mar 2016

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO




Lembramos a Rosalía de Castro no seu día, coa proposta do ENDL ( Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ) do colexio de elaborar un gran puzzle,entre todas as nenas e nenos do colexio, dunha caricatura de Rosalía de Castro. Os materiais e as técnicas foron moi variadas,a única condición dada era empregar  materiais de refugallo. Para amenizar o acto, o alumnado de 6º recitou poemas da autora homenaxeada. Agora todos podemos admirar este mural no corredor da entrada, onde facemos todas as nosas exposicións. 

No hay comentarios: