O curso pasado a biblioteca propuxo a realización dun karaoke para o mes do amor, por estar traballando un proxecto sobre a música. A idea gustou tanto a todos que este ano celebramos un karaoke de cine e de amor, como xa avanzamos en anteriores entradas onde publicamos as bandas sonoras de películas que se podía elixir para interpretar.
A calidade mellorou moito e a participación tamén, bueno...menos a das profes,que aínda non se animaron a participar; so houbo unha parella de artistas xa consolidados, porque actuaron tamén no karaoke do curso pasado, que o fixeron xenial interpretando unha canción en inglés.
Fáltannos os audios e as fotos non teñen moi boa calidade, pero para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario