18 jun. 2016

CELEBRAMOS O CUMPLE DE PUCA!



Non podiamos rematar o curso sen celebrar por todo o alto que a nosa querida mascota Puca leva con nós NOVE anos! E celebramos o seu cumple como ela o merece, por todo o grande, con tarta de chocolate e cunhas impresionantes actuacións musicais das nenas e nenos  que quixeron agasallar a Puca deste xeito tan artístico.
As axudantas de Puca tiñan preparados os diplomas aos devoradores de libros, é dicir, as nenas e nenos de cada clase que máis libros leron  e que moi contentos se colocaron ao lado da mascota para sacar unha foto.
O equipo da biblioteca tamén quere felicitar a  Puca e darlle as grazas por ser a gran animadora da biblioteca! 
PARABÉNS,  PUCA!

No hay comentarios: