24 jun 2016

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2016 on PhotoPeach
O día 1 de Xuño celebramos por 4ª vez o DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA, este curso adicado á 7º arte, o cine.  Aproveitamos para visualizar as curtas que elaboramos dentro do proxecto Nós tamén creamos, a partir dos contos A princesa que bocexaba a todas horas e A cabra boba da Ed. OQO, a primeira realizada polo alumnado de Ed.Infantil e a 2ª polo de Ed. Primaria. Por esas datas aínda non sabiamos que A princesa que bocexaba a todas horas fora premiada cunha mención especial pola súa beleza e calidade estética, pero como estabamos tan satisfeitos do traballo realizado quixemos celebralo cunha sesión de cine, con palomitas incluídas. Polo atentos que están á pantalla podedes imaxinar o interesante que resultou este día!!!

No hay comentarios: