1 dic. 2016

RESOLUCIÓN DO III CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

Hoxe publicouse no Portal Educativo da Xunta a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos  coordinados ou dirixidos pola biblioteca escolar durante o curso 2015-2016, convocado con data do 11de abril de 2016, no contexto do plan LIA de BIBLIOTECAS ESCOLARES  e no que BIBLIOCERVO  ven de gañar un dos dez premios concedidos na modalidade  de "Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar", polo levado a cabo o curso pasado no Colexio de Cervo
.

"3,2,1 Acción!Un cole de película"


unha maneira de estimular e recoñecer o traballo a traves de proxectos de caracter interdisciplinar que seguen a liña metodoloxica de aprendizaxe baseada en proxectos ou ABP e estamos tan contentos por este recoñecemento ao noso traballo,  que queremos compartir esta boa nova coa comunidade educativa do colexio e con todos cantos nos seguides a través do blog e da nosa biblioteca virtual. 
Grazas a todos por colaborar e axudarnos a facer realidade os nosos proxectos!!!

No hay comentarios: